Álbum diario Campamento "Telón de aventuras" Teatro en Entrimo. Q4
Día 1. Emoción, primeiras amizades, miradas coñecedoras. Todo isto mentres pola mañá fixemos xogos de presentación e recibimos a todos os participantes. Chegamos, os participantes coñecen aos monitores e aos seus novos compañeiros de aventura, coñecen o campamento e as instalacións que serán a súa casa durante os próximos 10 días. Despois das actividades para coñecer o entorno e o equipo de monitores entramos no comedor, pola tarde preséntanse os materiais cos que conviviremos: Wakachina (caixa de obxectos perdidos) e Camerómetro (As súas habitacións serán camerinos, con unha estrela no paseo da fama para os máis organizados). Pola tarde todos xogan a Aquarrer, un xogo ambientado na famosa película de Aquaman para despois facer a proba de natación. Pola noite non podían faltar á primeira velada, na que os pequenos monstruos da pelicula Monstruos SA revolucionan o campamento. Moitos bicos familia! Día 2. Espertámonos no noso marabilloso campamento, e algúns nenos e nenas espertáron...